Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

22.2.14

ás veces

a vida móstrase en toda a súa filloputez... para que ninguén esqueza quen é a que manda...
...
un día triste, compañeiro.

21.2.14

tremending topic

Hoxe encantoume a sección do tremending topic de Público, sobre todo o twit que recollían que dicía algo así como: facebook compra instagram, facebook compra whatsapp, google compra facebook, hacendado compra google...
E outro que dicía: o que necesita Mark en realidade é que alguén lle dea un abrazo.

Hai moito polo que preocuparse no mundo: Carromero pedindo pola liberdade de Venezuela (¿?), espero que non vaia el en persoa...; a auténtica guerra civil en Ucraína; os mortos de Ceuta (vale, os mortos do mar), que haxa personaxes na televisión coma o Merlos, que dan máis grima ca pouco; as tramas Pokemon, Patos... os Vendex, os Aizoon, os MarcialDorado; as xestións deshonestas, as deshonrosas, as malversacións, os apropiamentos indebidos, a inxustiza da repartición da riqueza...

Pero á parte de todo iso, que por desgraza xa é o pan de cada día, onte caeume coma unha patada na boca que o Whatsapp caia nas mans do Facebook... escapas da bosta e caes no bosteiro.
A min sentirme espiada dáme un mal rollo...

E por fin venres. E non caen chuzos de punta.

Igual podemos deixar as aletas na casa, viva!

18.2.14

Con banda sonora

A min non me estraña que a xente vaia diario colgada dos seus pequeniños altofalantes (ía dicir walkman, que desfasamento temporal!!!), porque a verdade é que a vida vese distinta segundo a banda sonora que te acompaña. Cámbiache ben, inda que o feito sexa o mesmo.
Estes días estou alucinando co xiro á dereita dalgún xornal, con titulares escandalosos, flipando coa idea que se ten do inmigrante, o que vale unha vida según de onde sexas, a desfachatez da clase política xa a todos os niveis (falando de cartos, de seres humanos e de botar a partida todo ao mesmo nivel).
O seguinte a anoxada coa manipulación de datos -currículos persoais incluídos- e coas mentiras a ollos vista.
A Compostela ímola rebautizar como Santiago de Pokemón, que lle vai máis ao pelo.
E o que máis me deixa fría é como se tratan, polo  menos os moinantes da miña terra téñense máis respecto entre eles e aos seus vellos. Non digo que non rouben, pero teñen ata máis categoría moral e verbal.
Que maneira tan ruín de descualificarse entre compañeiros de goberno. A min a Paula Prado loando a Vendex por lle dar regalos xa antes das concesións e fregando as mans polo que viría unha vez se desen é que me deixa sen alento...
Ai miña madriña, estámosche ben peor do que pensabamos!
E polo resto, máis cousiñas, moitas máis, pero agora só tiña un momentiño para isto e acordoume o que boto en falta Tréme antes de durmir, que me facía adormecer cunha banda sonora xeitosa. Así que deixo unha das cancións que se pode oír alí.
Por certo, onte, o condutor do bus levaba unha cinta (ou cd, xa non sei, ou igual o levaba nun usb, a monda!) de Ana Kiro. Ao primeiro ralloume un pouco, porque ía moi alta e eu non son das que leva walkman nas viaxes porque me gusta ir poñendo o televés en conversas alleas (si, que pasa, non é con ánimo de maldade ningunha, é que me dá material para conversar, ou escribir, hehehehe). Ao final deume algo de risa, porque cando saíu Miña vasoira, vasoira miña, hai hoxe un ano que non várre-la cociña, representóuseme meu irmán, 20 quilos de personaxe -todo ósos- cantando coa vasoira a todo trapo na casa de meu avó... E recordei o que se partían con nós os nosos tíos, tías e avós, que nos incitaban a facer chorradas para esmendrellarse... Que tempos! E vivilo agora desde o outro lado, sendo a incitadora, é que me dá máis risa aínda, e as que quedan!!!!

O dito, banda sonora aí vai, escoiten porque paga a pena.


15.2.14

Traballe connosco!

Estes días ando a facer traballos pendentes para o ciclo e un deles consiste en rastrexar ofertas de traballo, elaborar cartas de autocandidatura ou de resposta a ofertas, etc.
A min paréceme interesantísimo, esteas onde esteas, de cando en cando meterte nestas historias para ver por onde respira o mundo.
Habitualmente por Galiza, e polo resto da península adoitas atopar este tipo de ofertas (fago un resumo por alto): formación alta (carreira universitaria de media), dominio de ferramentas informáticas, permiso de conducir, cursos de prevención, nivel alto en, polo menos, un par de linguas que non sexan as comunitarias, anos de experiencia (preferiblemente varios), que sexas esas cousas que non se saben definir moi ben: don de gentes (isto é, amable, guapo/a, agradable, espelido/a, intelixente, resolutivo/a...). Pois ben, toda esta formación (que requirirían anos de estudo, formación e oportunidades laborais) para traballar en prácticas, ou medias xornadas, ou xornadas con quendas partidas, ou de fins de semana e pola marabillosa remuneración de 900-1000 euros netos no mellor dos casos. NO MELLOR DOS CASOS!!
Pois ben, despois dáste un paseo por páxinas doutros países e a cousa xa cambia algo. Hoxe mesmo atopei esta dun hotel en Londres (vale, seino, o custo de vida xa non permite o que se ofrece por aquí nin de coña), pero é que a diferenza entre como se expón e se vende o propio hotel xa non ten nada que ver.
A maioría das ofertas locais pódense resumir así:

Hotel en XXX necesita incorporar de manera inmediata ayudante de recepcionista. Necesaria diplomatura en Turismo (o estudios equivalentes), experiencia demostrable de, al menos 5 años en puesto similiar, conocimiento y dominio alto de alemán, inglés y francés, manejo de herramientas básicas de reservas, disponibilidad total de horarios para trabajo a turnos rotatorios... etcétera, etcétera, etcétera...

E esta que atopei hoxe, por exemplo, vai así (poño a tradución do google):

HR MANAGER (ST. PANCRAS RENAISSANCE HOTEL)
Ref : STPR - ORC- B55UK07 - 14
El St. Pancras Renaissance Hotel London es un icono y un modelo de la hospitalidad moderna. Un líder en la industria hotelera mundial , con una colección distintiva y una reputación mundial por su excelencia . Votado como el hotel número uno en el Reino Unido en 2011 los 100 mejores hoteles de The Sunday Times Magazine en el Mundial. Nuestra cultura es una que es acogedor , solidario y enfocados y estamos buscando personas con ideas afines para unirse a nuestro equipo. Nuestro entrenamiento le dará un nivel de confianza de que será detectado por todos los huéspedes. Se espera para abrazar el cambio y mostrar flexibilidad , disfrutar de su trabajo, tomar posesión y el uso iniciativa para resolver problemas, proporcionar un servicio excepcional, con entusiasmo , con confianza asumir retos para ofrecer la excelencia y, además, disfrutar de la celebración de la contribución de todos y el éxito.
Como parte de nuestras actividades de expansión , damos la bienvenida a solicitudes de candidatos debidamente cualificados para una posible colocación de trabajo aquí en el St. Pancras Renaissance Hotel. Actualmente Buscamos candidatos con las iniciativas que se enorgullece de su trabajo y con experiencia previa . Existen oportunidades en todas las áreas del hotel .
Jefe de Recepción , Restaurante & Bar Manager, Entretenimiento , Gerente de Operaciones , Ventas / Marketing Manager, Cuentas y Gerente de Finanzas , Alimentación y Catering Manager, Casino Manager, Business Analyst , Asistente de Recursos Humanos , Relaciones con Clientes (Host) , Secretaria , Ayudante, Recepcionista , Recepción de operadora , cuenta / Oficial de Finanzas , Ventas / marketing Officer , Cajero, operador de computadoras , Internet Experto , Administrador del sistema, camarero , barman , cocineros (Chef de Partie , Comisión Chef & Sous Chef) , Coordinadora de Banquetes , Oficial Médico ( Enfermera / doctor) , traductor de la lengua / Intérprete, Oficial de Seguridad , Spa ( Recepcionista, terapeuta y Manager) , terapeuta , Cafe Attendant , Coordinador de Eventos de Ventas, Supervisor de Seguridad, oficial de seguridad , Supervisor de limpieza, Head Housekeeper , Técnico de Mantenimiento (Electrical & Mechanical ) , Auxiliar de Mantenimiento , conferencias y eventos Planner , Food & Beverage Supervisor , Asistente de Cuarto , Lobby Ejecutivo y Auxiliar , Store Keeper , Conductor
Tipo de trabajo : Permanente
Estado del empleo: Tiempo completo
Lugar del Trabajo: Londres, Reino Unido
Fecha de inicio: Inmediata
SALARIO Y BENEFICIOS: Un paquete salarial atractivo en el rango de £ 1900 - £ 5500 (EUR ) mensuales dependiendo de la posición de trabajo y nivel de experiencia se ofrecerá a los candidatos seleccionados . Las tarifas más bajas de salario, período permisos retribuidos y vacaciones , además de nuestros beneficios de la empresa , que incluye el Programa de Asistencia al Empleado (EAP ) , el Plan de Pensiones , Asistencia de Matrícula , Seguro de Salud y Régimen Baja Alojamiento .
JOB REQUISITO :
Elegible Reubicación
Titular de la Licenciatura / Certificación sería una ventaja añadida.
Una mínima ( 1 ) año de experiencia de trabajo preferido.
Conocimientos de informática ( Microsoft Office - Excel y Word ) sería una ventaja añadida.
Habilidades Auto-motivados y de construcción de relaciones con los compañeros de trabajo .
Orientado a los objetivos con la capacidad de realizar varias tareas bajo presión en el medio ambiente de trabajo de ritmo rápido.
Trabajador, dinámico y positivo.
NOTA : Todos los candidatos cualificados y con éxito se les dará cita con independencia de su raza, color , sexo , origen nacional, condición de veterano , edad, religión u orientación sexual. Los candidatos seleccionados se les proporcionará excelentes oportunidades de formación y un desarrollo profesional estructurado .
En línea con los requisitos de la Ley de Asilo e Inmigración de 1996 , todos los solicitantes deben tener derecho a vivir y trabajar en el Reino Unido (UK ) . Se requerirá evidencia documentada de la elegibilidad de los candidatos como parte del proceso de contratación . Todos los solicitantes que actualmente no tienen derecho a vivir y trabajar en el Reino Unido (UK ) serán informados sobre la manera de recabar todos los documentos de inmigración necesarios para que puedan vivir y trabajar en el Reino Unido ( RU).
Contrato: Contrato indefinido
Jornada: Indiferente

Dá gana de chorar ou non? Aínda me queda por ver aquí algo que anime a nada (e menos neses termos de reivindicación de dereitos e de valorización da persoa polo que é capaz de facer, e non pola fucking titulite ou polo fucking pedigree), pero mira que levo días e días de páxinas para facer un dossier que me está parecendo as ofertas do mes no carrefour: trabaje 10 horas a 3 euros la hora (si es usted universitario y con muy buena formación), cobre solamente 8, regale 2 para enriquecer a quien corresponda y déase usted con un canto en los dientes.
Ao final creo que si que vai ser certo iso que se pregoa, que nos esperan anos de pobreza inda que nos vistamos cada día pola mañá para saír traballar. Mundiño este...

12.2.14

Quieto todo el mundo!

O golpe de estado de Tejero, nun curso de monitores que fixen hai mooooooitos anos deunos para un squetch non-stop no que un, case sempre o mesmo, disfrazado cunhas pezas de garda civil soltaba a frase e os demais reaccionabamos.
Teño rido con iso ata doerme a barriga. Son desas cousas que fóra de contexto non se entenden, coma esas palabras clave que che activan o resorte da risa porque si, a caixa partida, polo que evocan ou polo que sexa.
O caso é que a min, en realidade, nunca se me ocorrería disfrazarme de garda civil, a non ser dentro dunha comparsa-parodia, nin animaría a ningún dos meniños que me rodean a facelo, pero o tema de prohibilo é unha invitación a facelo, ¿si ou non?
Vale, agora especificaron, que gardas civís de pega valía, tipo tricornios de goma-eva, bolsas do lixo con condecoracións... pero reciclar o uniforme que teñas pola casa dun tío ex-gardacivil iso si que non. Nin no Entroido.
Así que a min, persoalmente, éntranme ganas de facerme cun e desafiar a miña sorte.
O próximo vai ser prohibir o tema dos disfraces de curas, monxas, bispos...

Haiche cousas e cousas.

Estes días estouche amoucada. Escribindo no caderno dos proles e dos contras dun asunto que me ten preocupada. Desexando unha tarde-amigas que bote máis luz sobre o tema e me axude a tomar unha decisión valorando máis puntos de vista que o meu pozo non me deixa ver.

O dito. Este Entroido... a vestir o uniforme.

Deixo a tira de Dávila, sempre tan atinado:



E o vídeo de Gomaespuma. Que me trae recordos das miñas horas de universidade escoitando o seu programa pola mañá e a repetición pola noite, despois da Gramola... Que grandes!


A alegría

Onte deixou de chover por unhas horas, así que nos apuramos correndo para o parque. Como non había moita xente, decidimos ir dar un paseo polo río, para que as nenas visen a forza da auga despois de tantos días de chuvia.
Pero polo medio batemos cun outro parque, e como había tantos días que non o cheiraban, enseguida me pediron para quedar un pouquiño. Como xa outeei desde lonxe que había con quen botar un conto mentres enredaban, alí nos fomos.
O caso foi que nada máis cruzar, dúas nenas chamaron a berros ás miñas pelouras e as catro correron abrazarse berrando coma se non se visen en millóns de anos.
Eran dúas compis de cole, e tolearon as catro xuntas xogando a que as perseguía un lobo imaxinario, dun lado ao outro.
A min deume moita graza velas, tan contentas as catro, tan despreocupadas e organizando o xogo coma se o levasen preparado da casa.
Estaba empezando a pensar que os meus dous coellos (que cada día o son máis) só se relacionaban entre elas, porque sempre son respostas do tipo A miña amiga é Icía, a miña amiga é Carmela... coma se o resto dos pelouros do cole non existisen, nunca nos contan nada e cando o fan, incorren en tanta contradicción que non sabemos moi ben a que aternos.
Pois ben, aí parecía que se querían con paixón as catro e, aínda que non sexa certo, divertíanse e rían coma se o fose.
Eran catro alegrías en catro corpos pequenos desafiando o frío, o mal tempo, e o escaso medio metro cadrado de parque que lle tocaba a cada unha (logo de facer a división entre nais, pais, avós, carros, nenos, nenas, pozas e aparellos de diversión infantil variados).
Hai días que moito paga a pena saír da casa!

10.2.14

love story

Con la venia, señoría. A mi es que lo del amor me puede.

Xa non sei que é o que me dá máis vergoña allea: que a monarquía sexa a institución (de entre as rancias) que máis nos saquea coa connivencia de señoras e señores que poñen bolsas de plástico na cabeza (porque sempre a chuvia nos acompaña) para aplaudir vodas de estado e guapa, guapaaaa!!!! (non esquezamos que a Hola! remocea o rei, torna guapo a felipejuanfroilán e converte en amazona olímpica á señorita da trenza eterna... entre outras moitas cousas que xa aforro en comentar) ou que as institucións políticas e executivas lle emenden a plana (facturas falsas que se tornan verdadeiras, políticos que apoian unha infanta e un rei coma unha adolescente apoia a justin biber, entramados que xa non se sabe onde comezan e onde rematan...).

Yo no sé nada. Yo no vi nada. Yo es que soy una mujer enamorada.

Dá vergoña asumilo como tese para calquera no seu xuízo, non che digo máis para quen se supón que recibiu unha educación exquisita, é alta executiva e por ter, ten máis mundo ca a maioría dos mortais.
Vese que a levaban por aí co saco na cabeza e que só llo sacaban para a foto do Hola!

O amor como eximente. A ignorancia como eximente. O descoñecemento como eximente.

Pensei que me encantaría o momento en que a monarquía se autodestruíse, pero no fondo sentín ata certa carraxe, imaxinando que a imaxe que proxectamos é realmente penosa e patética.

O que moitos homes e mulleres se esforzan en construír, sempre chega algún ou algunha papaverzas tiralo enseguida e con pouco esforzo.

Se en realidade é tan parva, como di o outro, diolateñanagloria. Eu só confío en que algo, algo, algo cambie. Porque un xa se farta de ver botar terra sobre case todos os asuntos. Xa lle vai chegando ao tema.

Esta fin de semana vin O lobo de Wall Street. Non me pareceu tan alá, aínda que si me pareceu boísima a interpretación de Di Caprio. Ten algúns momentazos, si. Pero a sensación que che queda é a de: vale, nada novo baixo o sol.
Só volver a caer na conta de que non todos vivimos no mesmo plano, nin no mesmo nivel, nin quizais no mesmo mundo...
Non sei se a recomendo. Así que quedo quieta.

Comezando a semana. E pouco máis.

6.2.14

Born to be alive ou, parafraseando ao gusto, nacida pra espabilar!


Alá polos finais dos setenta o autor desta canción deixou a súa vida monótona para lanzarse a producir música disco na procura de diñeiro e estímulos que o fixesen ser máis feliz e triunfar. A finais do 78 a canción comezou a soar e xa no 79 pegou forte (e aquí chego eu ao mundo mundial) e aínda hoxe vive dos dereitos dos fans do revival da música disco.
Como, e case con total seguridade, ninguén ha escribir as miñas memorias nin biografía, vou ir facendo eu o traballiño, creando a ficción de que vaia ser relevante (en realidade todo ten a importancia que se lle dá, xa é ben sabido) e abríndolle o picho da presión ao ego tamén un pouquiño, que desde que me cambiou o estatus vital, podo ir pola rúa con bigote que ninguén se decataría.
(Moito me pregunto como non lles dá dor de barriga a todas esas mulleriñas que ao casar experimentan un cambio de apelido, a min que non me recoñezan polo nome xa se me fai raro, raro, raro…).

O caso, tal día coma hoxe, alá polo 79 nacía a segunda dos meus pais –atrás virían dous máis- nun contexto social dos que era coma para ir mexar e non botar gota. Polo menos o señor ditador xa levaba os seus interiores comestos polos vermes, inda que deixara unha sombra tan alongada que 35 anos despois seguimos outeando en cada cornecho…
Filla da emigración masiva a Europa produto da forte crise dos oitenta e mergullada no que hoxe chamarían familia desestruturada ou deconstruída (coma a cociña de autor; gústame máis ca o da desestrutura, que soa coma feita merda pinchada nun pau, o outro soa máis a que sei eu moderno) e que antes designaban cun resignadísimo éche-o-que-hai ou cun temos-que-ir-indo, que, polo que se ve, é tamén unha cuestión cíclica (a da tiranía, quero dicir, ah, tamén a da emigración masiva, tamén, tamén… e xa non sei se a da resignación considerala cíclica ou darlle xa o seu merecido estatus de pandémica).

En fin, remexendo nas efemérides, vexo que tal día coma ese, mentres miña nai me traía ao mundo, grande e repoluda, avanzando que a miña constitución física é así de nacenza e que de onde non hai non se pode sacar, condenaban a Ali Buttho (exprimeiro ministro paquistaní, fundador do Partido Popular de Paquistán) a morrer na forca acusado de asasinar un adversario político.

Non vou engadir nada, que o ton na escrita dilúese. Non vaia ser que me condenen por facer apoloxía do que non pretendo… (desa que se pode condenar nos xulgados hoxe en día, claro, da outra pódese facer sen problema, iso si, se vai canda unha misiña, mellor aínda, que dan máis puntos despois para entrar no ceo e ter barra libre na eterna discoparty de nuestroseñoriño).

Son nacidos un 6 de febreiro unha cheaza de artistas (Bob Marley entre eles), escritores, actores e actrices, políticos (comparto data con Pepe Blanco, non sei se chamalo e que se produza algún tipo de feeling entre nós –cousa improbable- e me faga chegar a ministra, que é a onde dicía meu avó –coma todos os avós do mundo que aspiran a saír da clase media a conta dalgún neto que despunte- que chegaría, confirmando que o amor en verdade é cego e nubra o raciocinio). E tamén foi o día en que morreron Klimt, Tàpies e Maruxa Mallo…

Din dos acuarios de primeiros de febreiro que somos desinteresados, humanitarios, imaxinativos, empáticos, resolutivos e moi ensoñadores. E que por esta razón moitos acuarios acaban sendo médicos, mestres, artistas, voluntarios e todas aquelas profesións que requiren de vocación e que teñen unha grande dose de compoñente… chamémoslle, humano. (Só quero confiar que non veña ningún ditador, desgraciado ou fascistoide acuario botarme por terra a teoría, que esta parece que me gusta e que me acaba de convencer).

Grazas a nacer a comezos de ano era unha das máis vellas da clase, á que me incorporei tarde, e as miñas destrezas motoras, loxicamente, ían por diante dos pequerrechos. Isto ao final xogou na miña contra, pois o manexo do punzón con habelencia levoume polos derroteiros de darlle á barbela nas horas mortas, así que de aí á EXB non me librei xamais do apuntamento de “habla mucho en clase y molesta a sus compañeros” no boletín que me humillaba trimestre tras trimestre diante do resto de nais (sobre todo) que asentían e me aconsellaban con certa maldade que había que gardar algo máis para o corazón, non había que botalo todo fóra, que non había necesidá.
Vivín a escola coma unha condena por momentos e coma unha explosión de felicidade por outros (petándolle á bipolaridade desde os tempos dos tempos). Metinme de bo grado en todos os follóns inimaxinables, dos que case sempre saín con ben e o instituto foi coma bater coas portas do ceo abertas.
Entrei na facultade de filoloxía dubidando entre aventurarme nela, no mundo do xornalismo ou nas ciencias políticas, e ao final púidome o amor pola literatura e a pouca cabeciña.
Aos poucos meses, o amor pola literatura non se me diluíra, pero o amor pola carreira estampárase contra un muro de chinitas verdes (o da facultade), porque en moitos casos para afondar en efemérides xa chegara a era da internet á miña vida, o outro era por demais. Así que da facultade aproveitei outras boas cousas, aínda que non precisamente os saberes literarios cos que nos ilustraban acotío.
Vivín moito. Non teño queixa.
Algunhas cousas permaneceron, moitas persoas levan canda min –para a miña fortuna- desde xa nin lembro cando, outras pasaron puntualmente e foi estupendo, outras cruzáronse case sen deixar pegada e as que quedaron atrás –pouquiñas- foi porque non puido ser ou as circunstancias non o permitiron. E sen máis.
Chego aos 35 máis contentiña ca un cuco porque o bo é que non teño un agasallo unha vez ao ano. Téñoo todos os días e é de moita dura e para as medras. Así que non se pode pedir moito máis.
Que eu cumpra moitos máis, e que vostedes o vexan… non é?

BORN TO BE ALIVE!

1.2.14

Pídechas o corpo

Creo que moitas veces pedín que, a poder ser, noutra vida que me toque ser Beyoncé. Despois xa lle sacarei eu o partido ao tema como vexa...
A un pasiño de facer os 35 vou pasar de facer reflexión. Non hai necesidá...
Pero non podo deixar de incluír este vídeo. Non por nada en especial. Só porque me arrinca o riso. Coma tantas outras cousas que oxalá nunca deixen de facelo.
O día que me falta a gana de rir é coma se me desgastan unha miga de vida. E diso si que non hai necesidá...
Tempos virán.
Este vídeo recórdame tamén os meus amigos e as miñas amigas. Que tamén son fonte inesgotable de rírmonos da vida xuntos. Que tampouco falten nunca.

http://www.dailymotion.com/video/x8o2nh_pidechas-o-corpo_music